Publicador de contidos

Publicador de contidos

Treboadas en toda Galicia tralo pico da vaga de calor que deixou 44 graos en Ourense

Treboadas en toda Galicia tralo pico da vaga de calor que deixou 44 graos en Ourense

Chegan aos 43 graos Vilamarín e Leiro, en Ourense, e Ribas de Sil, en Lugo

A máxima histórica anterior produciuse este pasado martes e foi de 43,3 graos

As temperaturas pola noite non baixaron dos 25 graos en boa parte do litoral atlántico

A auga do Miño acada os 26,4 graos en Lugo, a súa temperatura máis alta dende que hai rexistros

A vaga de calor non dá tregua e mantén en alerta case toda España

G24.gal 14/07/2022 17:29 Última actualización 14/07/2022 23:29

O pico da vaga de calor deu paso a treboadas xeneralizadas en toda Galicia. Ademais do aparato eléctrico, en moitos puntos caeron fortes sarabiadas. É o caso do porto de Lira, Portocubelo, que a última hora deste xoves vía como un veleiro que estaba en dique seco se derrubaba ante a forza do vento.

 Durante a xornada, a cidade de Ourense volveu bater un novo récord de calor nos rexistros desta semana tras alcanzar á primeira hora desta tarde 44 graos, superando a máxima histórica anterior establecida este pasado martes de 43,3 graos.

Nun novo día de calor, a capital ourensá supera mesmo a alcanzada en 2018, cando chegou aos 42 graos.

A Xunta activou para este xoves unha alerta vermella -a máxima dunha escala de tres- ás autoridades por altas temperaturas na zona do Miño en Ourense.

A axencia meteorolóxica Aemet xa que anunciara con antelación que as temperaturas alcanzarían os 42 graos en Ourense.

A alerta da Xunta esténdese tamén ao sur da provincia, aínda que laranxa -equivalente ao nivel medio dunha escala de tres- e a amarela -o primeiro nivel- para as zonas do noroeste e oeste da Coruña; centro e sur de Lugo así como en áreas montañosas das provincias de Lugo e Ourense por previsión de temperaturas de ata 36 graos, ademais do noroeste e oeste do litoral da Coruña por forte vento.

A esperanza é que comece a remitir con vistas á fin de semana: a previsión é que o aviso baixe de vermello a laranxa tanto na conca do Miño como en Valdeorras.

Récord histórico da temperatura da auga do Miño en Lugo, que chega aos 26,4 graos

A auga do Miño tamén rexistra marcas históricas, con temperaturas superiores aos 26 graos ao seu paso por Lugo. Para os ecoloxistas, é un síntoma inequívoco do quecemento global.

"Non hai precedente na Terra do que está acontecendo agora. Nunca os desastres naturais alcanzaran tanta virulencia. Nos dez últimos anos disparouse un 43 por cento a cantidade de desastres ambientais. Por tanto, estamos poñendo o planeta en perigo. Hai que parar a carreira do desenvolvemento", di Adela Figueroa, presidenta de Adega Lugo.

A temperatura que está a rexistrar o Miño é, de feito, máis propia dos ríos do Mediterráneo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade