Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vaga de calor non dá tregua e mantén en alerta case toda España

A vaga de calor non dá tregua e mantén en alerta case toda España

Os mercurios superan os 40 ºC en moitas áreas españolas

Viandantes nun rúa de Sevilla
G24.gal 14/07/2022 14:17

A calor non dá tregua e as medicións dos termómetros rexistran cifras case de récord, sobre todo no cuarto sur occidental da Península.

En Estremadura, o máximo nivel de alerta afecta case todo o territorio. Nesa comunidade autónoma rexistráronse esta noite oito das dez temperaturas máis altas de toda España, coas localidades pacenses de Cañaveral e Zorita á cabeza con máis de 36 graos.

As dúas Castelas súmanse ás comunidades con parte do seu territorio en alerta vermella por temperaturas máximas que oscilarán entre os 42 e os 45 graos.

Nesta situación está o sur das provincias de Ávila e Salamanca e o val do Texo en Toledo.

En Andalucía mantense a alerta vermella no val do Guadalquivir, onde o mercurio escalará ata os 44 graos. 

No resto de comunidades a calor tamén será intensa nas zonas de interior e algo máis levadía na costa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade