Óscar Cano: "O partido redondo do Deportivo lonxe de Riazor vai chegar"
Óscar Cano: "O partido redondo do Deportivo lonxe de Riazor vai chegar"
O Deportivo ten tres saídas no próximo mes
O Deportivo afronta despois de moitos meses unha xornada na que, dependendo dos resultados dos seus rivais, podería colocarse líder. Para iso terá que superar unha das materias pendentes: gañar a domicilio.
Óscar Cano analiza o Sanse vs Deportivo dous días antes da visita a Matapiñonera, onde o equipo branquiazul tratará de sumar tres puntos na primeira das dúas saídas consecutivas.
“É un tramo importante, pero non creo que clave. Hai que seguir gañando se queremos estar arriba cos mellores. Custounos remar e un gran esforzo chegar aquí cando fai non moito tiñamos unha gran desvantaxe. Non queremos perder iso que nos gañamos con rendemento”.
"O partido redondo do Deportivo lonxe de Riazor vai chegar pola calidade do equipo".
Falou tamén da evolución de Yeremai:
“Sempre está preparado e para min os seus minutos non son testemuñais. Non se canto vai xogar, porque non se canto van xogar os demais tampouco".