Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Cano estoupa: "Fixemos un ridículo espantoso"

Óscar Cano estoupa: "Fixemos un ridículo espantoso"

"Parecía que xogaban os curmáns dos meus xogadores, non dou creto ao que vin", sentenciou o adestrador do Deportivo

G24.gal 07/12/2022 07:36

Máis que amolado estaba o adestrador do Deportivo Óscar Cano, que entrou en rolda de prensa como un ciclón: "Non dou creto ao que vin, non lembro un equipo meu facelo tan mal durante tantos minutos. O fútbol foi xusto, o Badaxoz mereceu gañar o partido moito antes".

Lonxe de calmarse continuou coa argumentación; "Hoxe estivemos ridículos, quitando 3, 4 xogadores, parecía que me puxeran os curmáns. Non lembro un equipo meu facer un partido tan malo. Agora temos que aguantar os paus e o domingo intentar facelo algo mellor porque vén un equipo moi forte, coma o Ferrol".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar