Inglaterra derrota a Francia na final de consolación (4-6)
Os Three Lions gañaron aos Les Bleus por 6 goles fronte a 4 cun hat trick de Saka e con tantos de Rice e Konsa e Bellingham
Mbappé é o máximo goledor provisional da Copa do Mundo, por diante de Messi e á espera da final entre España e Arxentina
Saka celebra o seu quinto gol xunto a Bellingham e James. REUTERS/Paul Childs
A selección de Inglaterra derrotou a Francia na loita polo terceiro posto do mundial no estadio de Miami.
Os Three Lions gañaron aos Le Bleues nunha final de consolación de vertixe na que se marcaron, en total, 10 goles.
O combinado inglés adiantouse con catro goles no primeiro tempo pero a selección gala ameazou co sorpasso tralo descanso con outros catro tantos: dous de Mbappé, un de Barcola e outro de Dembelé.
Con todo, os deTuchel sentenzaron o partido con outros dous goles: o terceiro de Saka e outro máis de Bellingham.
O dianteiro francés Mbappé convértese no máximo goleador provisional desta Copa do Mundo, con con dez tantos , por diante de Messi e á espera da final entre España e Arxentina. Tamén no máximo anotador da historia dos mundiais de fútbol.