Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Cano asina gañar e que lle sancionen os catro xogadores apercibidos

Óscar Cano asina gañar e que lle sancionen os catro xogadores apercibidos

Quiles, Olabe, Isi Gómez e Antoñito teñen catro cartóns

Foto @RCDeportivo Foto @RCDeportivo
G24.gal 03/03/2023 13:17 Última actualización 03/03/2023 13:34

O Deportivo enfrontarase ao Linense con catro apercibidos de sanción que, se ven unha tarxeta amarela o domingo, non poderán xogar o próximo compromiso en Riazor contra o Castela. Son Quiles, Olabe, Isi Gómez e Antoñito, que se atopan a piques de cumprir ciclo de amoestacións.

Con todo, Óscar Cano asegurou que esta circunstancia non lle quita o soño:

"Mirar máis aló do seguinte partido é non entender nada. O que quero é gañar o domingo. Se me din que vou gañar os tres puntos e os catro xogadores apercibidos caen sancionados, asínoo. Non hai ninguén imprescindible", sinalou o adestrador, que non poderá contar na cos lesionados Jaime e Zalazar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar