Cargando resultados...
Os xabarís volven pasear polas rúas de Burela
A súa presenza no centro da vila ao caer a noite é habitual desde hai meses, polo que aos veciños xa non lles causa sorpresa
G24.gal
22/09/2022 12:58
Unha manda de xabarís volve ocupar as rúas do centro urbano de Burela. Os veciños graváronos paseando ás súas anchas polo parque da vila e mesmo chegaron ás portas do centro médico e do Casa do Concello.
A súa presenza no centro da vila ao caer a noite é habitual desde hai meses, polo que aos veciños xa non lles causa sorpresa.