Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os xabarís estragan unha plantación de millo en Taboada

Os xabarís estragan unha plantación de millo en Taboada

Os propietarios din que non é a primeira vez que pasa e calculan as perdas en miles de euros

G24.gal 05/08/2022 20:23

Os xabarís están estragando día tras día os cultivos de millo forraxeiro que varios socios do concello lugués de Taboada plantaron para alimentar aos máis de 400 animais da súa granxa.

"Esta leira, que é unha hectárea, nunha semana se non se toma algún tipo de medida pódoche garantir que xa non queda ningunha cana de pé", afirma Manuel Arias.

Non é a primeira vez que os xabarís lles desfán os cultivos, é algo que levan padecendo desde hai 14 anos. Manuel Arias asegura que neste tempo as perdas económicas son de miles de euros.

 "Levamos sobre medio millón de euros en perdas e seguramente quedo curto, porque algún ano perdemos entre o 30 e o 50 % da colleita", di Manuel Arias.

Unhas perdas inasumibles que poderían levar á quebra a explotación. Asegura que a única solución é unha mellor xestión do couto de caza.

 "Facer batidas, pero facelas no momento, non nos serve de nada que se fagan en setembro. A nós non nos serve de nada, e non só batidas, cazar se hai que cazar todos os días, se non poden que chamen a xente de fóra. E tamén facer devasas, rozas, etc...", sinala Manuel Arias.

Manuel Arias di que se os tecores da zona non colaboran, chamarán a cazadores doutros lugares para acabar coa superpoboación de xabarís que hai en Taboada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos