Os veciños volven á casa no medio da desolación e destrución provocadas polo lume
Son momentos de incerteza, o lume non ameaza as súas casas, pero o segue activo
Toca volver empezar, pero sen baixar a garda
En Vilamor as mangueiras seguen preparadas e os depósitos cheos. O perigo xa pasou, pero prefieren manterse en alerta.
"Estamos facendo acopio de auga, polo que poida pasar"
Aquí o lume chegou á porta das casas. Manuel foi dos que quedou para salvar o lugar.
"Foron momentos moi duros, moi tensos, nos que só te concentras en salvar a vila"
Levan anos preparados para loitar contra o lume, teñen bocas de rego por toda a aldea, pero este incendio descolocounos.
"Chegou á vila en nada, non nos deu marxe, tiñamos as mangueiras preparadas, que foi o que nos salvou"
Vivían nun paraíso natural, e agora só hai destrución.
"Estamos asustadísimos"; "Emocionámonos todos ao pensar o que era isto e o que é agora"
A pesar de todo, manteñen a esperanza, son un pobo unido, e unidos comezarán de novo. Non están sós, son numerosas as mostras de solidariedade, un grupo de voluntarios chegaba á media mañá para botar unha man.