Publicador de contidos

Publicador de contidos

A suba do prezo da vivenda contaxia e encarece os cuartos en pisos compartidos

A suba do prezo da vivenda contaxia e encarece os cuartos en pisos compartidos

Alugar un dormitorio por menos de 200 euros ao mes é case imposible en Vigo, A Coruña ou Santiago

Os estudios son máis caros e os apartamentos dunha peza, aínda moito máis

 

G24.gal 09/05/2025 14:46 Última actualización 09/05/2025 16:44

As cifras non enganan. Se un busca hoxe un estudio no centro de Vigo o alugueiro empeza nos cincocentos euros. Preguntamos nunha inmobiliaria especializada pero a alternativa, un cuarto nunha vivenda compartida, tamén está subindo. 

"Eu levo traballando con cuartos máis de dez anos. Antes ao mellor podía alugarse un por 150 euros ao mes con gastos incluídos. Hoxe en día xa é dificil atopar en Vigo un cuarto que baixe dos trescentos, de aí para arriba", cóntanos Rebeca Santamarina, da inmobiliaria Tu-Ksa.

O prezo é semellante noutras opcións que podemos atopar nas nosas cidades. Tamén en Vigo coñecemos unhas antigas oficinas reconvertidas en modernos pisos para compartir. Alí residen varias estudantes cque buscaban un aloxamento asequible con servizos comúns.

"Con servizo de limpeza, wifi e todo estamos nunha media de 350-360 euros con todo incluído", explica o promotor da iniciativa, Abraham Varela, xerente de Rent Room.

Nestes momentos, na principal plataforma de comercio inmobiliario é moi difícil atopar cuartos por menos de douscentos euros ao mes.

En Vigo e na Coruña só aparecen dous; en Santiago, tres. E iso que estamos falando de espazos en vivendas compartidas.

Se alguén quere un apartamento dun dormitorio terá que pagar moito máis: en Vigo o máis barato custa 500 euros, e ten só 28 metros cadrados, sen garaxe, claro.

Nas grandes cidades, a demanda segue aumentando; en parte, pola chegada de inmigrantes, aínda con máis dificultades para acceder a unha vivenda digna.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade