Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños que viven nas aldeas que arden, capitais para axudar os equipos de extinción

Os veciños que viven nas aldeas que arden, capitais para axudar os equipos de extinción

Bombeiros forestais poñen en valor as indicacións que lles dan os que viven nas zonas afectadas polo lume

A seguridade dos servizos de extinción mellora grazas ao coñecemento da zona por parte dos veciños

Os incendios deste mes de agosto en Galicia nunca antes se viran aquí

G24.gal 26/08/2025 12:55

Os bombeiros forestais, que ven días de traballo intenso loitando contra o lume, poñen en valor a axuda dos veciños que viven e coñecen as zonas que se ven castigadas polos incendios. Comentan os profesionais da extinción que a colaboración dos que levan anos vivindo nas aldeas, é capital, tanto para axudar a apagar o lume, como para mellorar a seguridade dos que traballan apagando lapas. 

O lume no monte, nas zonas rurais, é competencia dos bombeiros forestais. Traballan, ademais de na extinción do lume, en tarefas de prevención de incendios, colaboran tamén no traballo de investigación das causas e axudan a dar con posibles incendiarios. O seu labor é o de afrontar o lume de preto. Usan motobombas, pas, mangueiras, tamén contan con medios aéreos e, capital, no seu día a día, entre lapas e aldeas, é básico para que o seu traballo sexa eficaz e seguro, o coñecemento da zona dos que viven no terreo.

A extinción dos incendios deste mes de agosto está sendo especialmente complicada. O lume, desta virulencia e con comportamentos tan imprevisibles, nunca antes se vira.

Son incendios moi voraces que, din os expertos, parece que viñeron para quedar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade