Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os reis visitarán o vindeiro xoves zonas de Galicia afectadas polos incendios

Os reis visitarán o vindeiro xoves zonas de Galicia afectadas polos incendios

Á viaxe a Galicia séguea a visita dos reis a Castela e León e Estremadura, as tres comunidades máis arrasadas polo lume

Pola súa banda, a raíña Sofía tivo como iniciativa, a través da súa Fundación, doar un fondo de emerxencia para os labores de reforestación na provincia de Ourense

Os reis Filipe VI  e Letizia visitan Burela, a de 17 de xuño de 2025 (Carlos Castro - Europa Press) Os reis Filipe VI e Letizia visitan Burela, a de 17 de xuño de 2025 (Carlos Castro - Europa Press)
G24.gal 26/08/2025 11:06

Os reis realizarán o vindeiro xoves unha visita a zonas de Galicia afectadas na vaga de incendios que arrasa o territorio desde hai dúas semanas e deixa xa máis de 88.000 hectáreas calcinadas, a maioría delas en Ourense, que continúa no nivel 2 de emerxencia.

Segundo informa Zarzuela, Filipe VI e Letizia desprazaranse a Galicia para coñecer os danos sufridos e necesidades dos veciños afectados, así como mostrar o seu agradecemento a todos os equipos que contribuíron a combater o lume. Con todo, a axenda prevista dos reis aínda non precisa a que lugares irán.

Á viaxe a Galicia séguelle a visita dos reis a Castela e León e Estremadura, as tres comunidades máis arrasadas polo lume. Na xornada do mércores, desprazaranse ao Parque Natural Lago de Seabra e Serras Segundera e de Porto (Zamora) e ao Parque das Medulas (León). O venres, viaxarán a Estremadura.

Pola súa banda, a raíña Sofía tivo como iniciativa, a través da Fundación Reina Sofía, activar un fondo de emerxencia para contribuír á recuperación ambiental e social tras os incendios forestais rexistrados recentemente en distintas zonas de España.

Dotado inicialmente con 50.000 euros, este fondo destinarase principalmente a labores de reforestación na provincia de Ourense, nunha primeira acción.

As principais tarefas ás que chegará a axuda son a reforestación, atención á fauna afectada e outras accións de recuperación ecolóxica, con especial atención a aqueles danos que habitualmente non están cubertos por seguros nin polos fondos de emerxencia das administracións públicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade