Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños dun edificio de Cambados pendentes de volver ás súas casas despois dun incendio

Os veciños dun edificio de Cambados pendentes de volver ás súas casas despois dun incendio

Tres bombeiros quedaron feridos na intervención e necesitaron atención médica

A muller que estaba no piso onde comezaron as lapas ten queimaduras nas mans

A vivenda ten danos estruturais e o concello fará unha inspección para determinar se é seguro

O lume comezou nun piso do terceiro andar que quedou calcinado e a súa estrutura danada
G24.gal 15/09/2022 13:40

Unha muller quedou ferida como consecuencia das queimaduras que sufriu tras declararse un incendio no seu piso, en Cambados. O sinistro produciuse nunha vivenda do terceiro piso dun edificio da rúa Manuel Murguía, situada a pouca distancia da praza de Fefiñáns.

Cando chegaron ao momento os servizos de emerxencias, desaloxaron os tres primeiros pisos do inmoble. Unha persoa no cuarto piso, pero que non podía baixar polas escaleiras debido ás lapas no terceiro. 

Vin que saía fume entre a madeira das caixas das persianas e boteime fóra. E xa vin a todo o mundo baixando. E vimos o piso de enfronte que estaba ardendo.

Cando abrín a porta xa estaba todo cheo de fume, cerrei, tapei ben e quedamos dentro miña filla, miña sobra máis eu. Ata que remataron a extinción non puidemos saír da casa.

Os bombeiros, impediron a propagación das lapas, de modo que xa non foi necesario desaloxar as persoas que se atopaban no cuarto piso. Máis de catro horas estiveron traballando para extinguir o lume e arrefriando a vivenda.

A extinción levounos bastante tempo había moito lume. A xente tivo que esperar a que rematase toda a intervención e despois evacuar os veciños do piso superior. 

A ferida é unha muller duns 40 anos, e foi trasladada por unha ambulancia ao centro de saúde de Cambados.  Presentaba queimaduras leves nas mans. Debido a intensidade das lapas tiveron que atender a varios dos nosos compañeiros por queimaduras leves e estrés térmico e necesitaron a axuda dunha ambulancia, pero afortunadamente todos son casos leves.
 
A falta de que se concreten as causas do sinistro, os primeiros indicios apuntan a que foi fortuíto. O lume iniciouse nun salón do terceiro b, pero provocou importantes danos na estancia e mesmo romperon os cristais da xanela. 

Os veciños desaloxados permanecían na rúa, case catro horas á espera de que os bombeiros lles indicaran se podían regresar ou non ás súas vivendas. Estaban facendo medicións de gases para determinar se podían regresar os seus inquilinos ou se sería máis conveniente que buscasen un aloxamento alternativo para a noite, xa fose con familiares ou amigos ou nun hotel.

O arquitecto municipal revisará o estado do piso afectado e do resto e que, en caso de ser necesario, ofreceríase axuda de aloxamento ás persoas que non puidesen volver vou ás súas casas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade