Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños desaloxados en tres aldeas de Lalín polo lume volven ás súas casas

Os veciños desaloxados en tres aldeas de Lalín polo lume volven ás súas casas

O lume queimou 700 hectáreas e quedou a 300 metros das casas

Algúns veciños foron a casas de familiares e outros a hoteis pagados polo Concello

Varios veciños de Bustelo son octoxenarios
G24.gal 12/08/2022 14:35 Última actualización 12/08/2022 14:54

A vida na parroquia de Lebozán vai recuperando o alento aos poucos. As últimas horas foron complicadas polo incendio que empezou no Irixo. Os veciños de Bustelo foron desaloxados. "Eu marchei e non sei que pasou máis. Agora tróuxome o sobriño. Veño de cambiarme. Vin todo isto e dixen: loado sexa Deus", comenta unha veciña.

Nesta aldea viven 10 veciños e varios son octoxenarios. Agora no verán reciben os familiares. Iván vén do País Vasco e estaba facendo o Camiño de Santiago. El quedou na aldea. "Durante dous días todo foi estar nervioso. Case non durmín nada. Déitaste e aos cinco minutos xa te levantas", di.

O incendio queimou 700 hectáreas. A maioría é monte raso. As lapas chegaron a 300 metros das casas. "O aire viña nesa dirección e daba medo! Tivemos a sorte que cambiou de dirección e por iso se salvou a aldea"

Os servizos de extinción revisan que o lume non volva prender nas zonas quentes. De feito, no monte vense varias columnas de fume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade