Os veciños denuncian incendios intencionados no barrio coruñés de Novo Mesoiro
"Pensamos que son provocados porque xa van tres na última semana"
Preocupación na Coruña no barrio de Novo Mesoiro. Os veciños din que levan tres incendios na zona na última semana, cada vez máis preto das súas casas.
Quéixanse porque din que, despois de sacrificar vivir lonxe do centro da cidade para poder desfrutar dunha contorna verde, de feito pasean pola zona cos cans a miúdo, agora atópanse con este problema: o lume. Ademais destacan o perigo porque as lapas estiveron a pouca distancia do polígono de Pocomaco.
As lapas devastaron unha zona de eucaliptos que está a 20 metros dun aparcadoiro cheo de coches e a 50 das vivendas máis próximas. Tamén hai un aserradoiro a menos dun cento de metros. Todo un barrico de pólvora que coa seca que hai só lle fai falla un misto. Varios veciños aseguraron ver, en polo menos dous dos incendios, a un grupo de mozos e xa trasladaron a descrición a Policía.
A preocupación é moita, sobre todo porque o tempo segue sendo seco e queda moito verán por diante. A Policía Autonómica a que se encarga das investigacións.