Publicador de contidos
Publicador de contidos

A federación veciñal de Vigo Eduardo Chao protesta pola expulsión da súa sede

A federación veciñal de Vigo Eduardo Chao protesta pola expulsión da súa sede

O Goberno municipal aprobou en decembro a fin da cesión do que fora o seu local social dende 2005

G24.gal 11/01/2025 20:28 Última actualización 11/01/2025 20:45

En Vigo, a Federación de Asociacións de veciños Eduardo Chao, integrada por 30 asociacións en representación duns 50.000 veciños, concentrouse este sábado para protestar pola expulsión do colectivo do que fora o seu local social dende o ano 2005.

En decembro, o goberno municipal aprobou en xunta de goberno a fin definitivo da cesión do uso dese inmoble, na praza da Princesa. A esta protesta polo desafiuzamento uníronse os grupos da oposición ao goberno vigués, así como SUMAR e Esquerda Unida.

"Todo colectivo que discrepa en calquera tema de vivenda, medioambiente, calquera tema que pensen distinto que o goberno municipal chámannos anti-Vigo. Pero temos o apoio de moita xente, moitos colectivos, da oposición e dos veciños e veciñas tamén que é moi importante", conta a TVG María Pérez González, a presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, FAVEC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade