Os veciños de Lugo urxen a inauguración do novo auditorio
A construción do edificio rematou en 2016
Investíronse no auditorio máis de 21 millóns de euros
Pasan os días e os anos e a imaxe das instalacións non acaba de mudar.
"Está caendo de vello e sen estrear, unha pena".
"Aí está morto de risa".
A construción rematou no 2016 e no 2020 a Xunta pasoullo ao Concello.
"É o conto da leiteira, uns por outros e a casa sen varrer".
Tres anos despois de recepcionalo a inauguración non dá chegado.
"Xa ía abrir o ano pasado, despois dicían que este ano e de momento nada".
Moitos toman o asunto xa con retranca.
"Fixeron unha preinauguración nas municipais, a ver se coas autonómicas vai".
O Concello alega que está a arranxar unha obra que foi entregada en mal estado.
"Oín que tiñan problemas para abrir, que había goteiras e deficiencias".
Pero moitos non ven cambios nin avances.
"Vivo en fronte e non fan nada dende hai anos, está sempre pechado. Parece que non vai arrancar nunca, o único que fan é telo acendido pola noite".
Os veciños reclaman a súa posta en marcha.
"Os lucenses están á espera de que abra".
Urxen sacarlle partido a estas instalacións onde se investiron máis de 21 millóns de euros.