Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os usuarios do tren entre Santiago e Ourense quéixanse dos atrasos e piden ampliar frecuencias

Os usuarios do tren entre Santiago e Ourense quéixanse dos atrasos e piden ampliar frecuencias

Din os usuarios que os atrasos poden ir dende os quince minutos ata máis de media hora

G24.gal 13/09/2023 14:48

Os atrasos nos trens que circulan por Galicia provocan as queixas dos usuarios, especialmente, Laura, dos que precisan utilizalos acotío. É caso dos moitos viaxeiros que utilizan cada día os trens que comunican Ourense ou Vigo con Santiago ou A Coruña, por exemplo.

Din os usuarios que os atrasos son continuados e poden ir dende os quince ou os vinte minutos ata máis de media hora, e moitas veces sen información dabondo salvo a que poden consultar na aplicación móbil. 

"Tócame sufrir os atrasos continuos que teñen as liñas de RENFE que comunican Santiago e Ourense".

Óscar é profesor en Ourense, chega aquí cada día dende Santiago. Son sobre todo os que coma el o utilizan acotío os que non dubidan cando se fala de trens que non chegan á súa hora.

Onte superaron os corenta minutos de atraso en dous trens que viaxaron dende Ourense: un con destino A Coruña e outro con destino Vigo.

"No caso de algúns dos meus compañeiros, un deles penso que tivo case corenta minutos máis ou menos de atraso".

Din os usuarios que mesmo chega a causar estrañeza que os trens cheguen á súa hora.

"De Ourense a Santiago normalmente pola tarde como vinte minutos de atraso, e para vir pola mañá que ademais teño que vir como para as seis e media, hai entre quince e vinte minutos de atraso todos os días. Onte chegou a tempo e saíu a tempo e foi como: qué é isto?".

Esta situación din que vén xa de tempo atrás, por iso coidan que é preciso algún cambio que garanta que eses horarios se cumpran.

"Sobre todo para aqueles que dependemos dos horarios para chegar o noso posto de traballo e demandamos tamén outro tipo de frecuencias, unha frecuencia racional e adecuada as persoas que traballamos e temos que viaxar a diario".

As frecuencias, din, son tamén importantes porque hai tramos no día en que durante horas non hai conexión posible entre Ourense e Santiago, por exemplo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade