As persoas usuarias da estación de tren provisional da Coruña conviven cos atrancos
As persoas usuarias da estación de tren provisional da Coruña conviven cos atrancos
Os accesos peonís, os atascos e falla de sinalización son as queixas máis comúns
A maioría das reclamacións prodúcense en hora punta durante a semana
Hai un mes que se inaugurou a estación de tren provisional na Coruña e dende aquela as queixas entre os usuarios convertéronse en habituais.
Á falla de organización pola sinalización interior e as frecuentes ringleiras de espera, sumáronse os atascos circulatorios nos accesos e a falta de aparcamento na zona. Uns inconvenientes que segue a salientar a clientela.
"O espazo de fóra, que non se pode aparcar. Teoricamente tiña que estar arranxado hai dous meses", comenta un usuario.
Porén, este sábado, as persoas usuarias manifestaban a súa satisfacción co servizo que están a recibir.
"Eu vou a Ourense todos os sábados e moi ben no trato, tanto na collida de billetes como a hora da saída do tren. É puntual e sae á hora", reflicte un pasaxeiro.
A maior parte das queixas prodúcense en hora punta pola semana, especialmente nos días en que os estudantes e profesionais empregan o transporte ferroviario.
Dende o Concello da Coruña manifestan que lle requirirán ao ADIF que mellore a sinalización dos accesos e lembran que manteñen xuntanzas de seguimento técnico para abordar as incidencias detectadas.