Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ucraínos residentes na Coruña concéntranse contra a guerra

Os ucraínos residentes na Coruña concéntranse contra a guerra

Piden a axuda de Europa e advirten da ameaza que representa Putin

G24.gal 27/02/2022 14:33

Os ucraínos que residen na Coruña concentráronse na praza de María Pita para esixir o final da guerra. Viven pendentes do teléfono, conectados permanentemente cos familiares que permanecen en Ucraína, algúns refuxiados en búnkers, en cidades como Mariupol, atacada polas tropas rusas o xoves pasado, ou como Kherson, na fronteira con Crimea, onde o exército ucraíno combate a ofensiva lanzada por Vladimir Putin polo control dunha ponte estratéxica.

"Hoxe quedaron sen luz e sen auga. Son corenta e cinco persoas en quince metros cadrados. Hai nenos, xente maior, animais...".

Os ucraínos piden a axuda de Europa e tratan de organizarse para enviar ao seu país axuda humanitaria, principalmente alimentos e medicinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade