Os turistas seguen visitando Galicia malia o mal tempo
Aínda que non haxa tempo de praia, moitas optan por gozar igualmente da cultura, da gastronomía e da natureza

O mal tempo deste verán non dá tregua. Pero, malia isto, a Galicia seguen chegando unha morea de visitantes que aproveitan as súas vacacións para facer aquí outro tipo de turismo que non sexa sol e praia.
Malia que as condicións meteorolóxicas son desfavorables, día tras día, os turistas invaden as principais rúas e monumentos da Coruña.
Moitos dos visitantes aseguran que, a pesar de que si que lles gustaría que houbese sol e calor, non se arrepinten de estar aquí, porque poden gozar igualmente da cultura, gastronomía e natureza.
Hai quen prefire ir aos museos, visitar os monumentos máis representativos e probar a comida local. isto reflíctese nos hoteis, onde contan que non está a haber cancelacións por mor do mal tempo.