Cargando resultados...
Os tres galegos da 1RFEF buscan afianzar os seus postos de play off
O sábado o Celta B recibe o Calahorra (G2, 17 horas) e o Rácing xoga no campo da UD Logroñés
O domingo xogará o Deportivo diante do Talavera de Manuel Mosquera
G24.gal
22/04/2022 20:17
Ferve a loita pola promoción. Procura o Celta B, cuarto, afianzarse nela á custa do Calahorra. Vén de gañar fóra, pero non xoga ao cálculo.
Favorécelle ao filial céltico o enfrontamento entre o Logroñés e o Rácing, quinto contra terceiro, no que os ferroláns aspiran a refacerse tras o inesperado traspés diante do Zamora.
Para o domingo queda a visita dun revivido Deportivo ao novo Talavera de Manuel Mosquera. Unha vitoria do Rácing de Santander e unha derrota brancoazul permitiríalles aos cántabros cantar o ascenso.