Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tres aeroportos galegos gañaron pasaxeiros en agosto, segundo datos publicados por AENA

Os tres aeroportos galegos gañaron pasaxeiros en agosto, segundo datos publicados por AENA

G24.gal 12/09/2022 22:01

Os tres aeroportos galegos gañaron pasaxeiros en agosto respecto ao mesmo mes do ano pasado

Alvedro, na Coruña, rexistrou máis de 95.000 pasaxeiros, é un 20 % máis en relación ao mesmo mes do ano pasado. Aínda así, foi o que menos medrou.

O maior crecemento rexistrouse en Peinador, en Vigo, cun 46 % máis, seguido do Rosalía de Castro, en Santiago, cunha suba do 38 %. Son datos publicados este luns por AENA.

No que vai de ano, os viaxeiros seguen a aumentar en todas as terminais galegas, que manteñen así un acumulado en alza. A maior suba foi no aeroporto Rosalía de Castro, polo que pasaron máis de 2.100.000 pasaxeiros entre xaneiro e agosto.

O aeroporto da Coruña é o único galego que aínda non logrou recuperar as cifras previas á pandemia, situouse un 20 % por debaixo do tráfico de 2019.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade