Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os transportistas de viaxeiros desconvocan a manifestación para este domigo

Os transportistas de viaxeiros desconvocan a manifestación para este domigo

Fontes do Comité Nacional de Transportes por Estrada confirmaron que non haberá manifestación en Madrid de taxistas, condutores de vehículos de alugueiro, ambulancias e autobuses de transporte non regular

Taxistas vigueses participando nunha protesta polo prezo dos comustibles Taxistas vigueses participando nunha protesta polo prezo dos comustibles
G24.gal 25/03/2022 11:37

A manifestación de transportistas de viaxeiros programada para este domingo polo aumento do prezo dos combustibles foi desconvocada polos seus organizadores despois do acordo subscrito esta madrugada co Goberno.

Fontes do Comité Nacional de Transportes por Estrada confirmaron que non haberá finalmente manifestación en Madrid de taxistas e condutores de vehículos de alugueiro, ambulancias e autobuses de transporte non regular.

O colectivo do transporte de viaxeiros por estrada sumouse ás protestas que están a protagonizar outros sectores relacionados co encarecemento enerxético e das materias primas, entre eles unha parte dos transportistas de mercadorías, que arrincaron hai doce días un paro indefinido.

No acordo asinado na madrugada deste venres recóllense 450 millóns de euros en axudas directas ao sector tanto de transporte de mercadorías como de viaxeiros procedentes dos orzamentos públicos: a contía será de 1.250 euros por camión, 950 por autobús, 500 por furgoneta e 300 por vehículo lixeiro (taxis, VTC e ambulancias), cun límite de 400.000 euros como máximo por empresa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade