Os traballadores do Hostal dos Reis Católicos secundan o segundo día de folga para reclamar melloras laborais
Os traballadores do Hostal dos Reis Católicos secundan o segundo día de folga para reclamar melloras laborais
O comité de empresa denuncia precariedade e que levan 12 anos sen convenio, a pesar de ser un dos paradores que máis factura de España
Este 25 de xullo deixa unha imaxe inédita na praza do Obradoiro: o Hostal dos Reis Católicos pechado por unha folga dos traballadores.
O comité de empresa denuncia precariedade e que levan 12 anos sen convenio, a pesar de ser un dos paradores que máis factura de España. O Hostal xa estivo pechado este domingo. Son dúas xornadas de folga, coincidindo cos días de máis afluencia de visitantes e autoridades. Ademais os traballadores mobilízanse cada venres dende o mes pasado.