Os traballadores de ENCE rexeitan o traslado da factoría
O Goberno propón Cerceda ou As Pontes como alternativa
Os traballadores de ENCE rexeitan as dúas opcións avanzadas polo Goberno como posible localización alternativa para a pasteira. A ministra para a Transición Ecolóxica adiantou hai uns días que podería reinstalarse en Cerceda ou nas Pontes.
No comité de empresa din que a saída da factoría da provincia se traduciría na perda dos postos de traballo. Ana Cedeira, presidenta do comité de empresa de oficinas de ENCE, cre: "O que non se pode facer politicamente é desvestir un santo para vestir outro. Porque se se fai unha fábrica alí, o emprego vai ser local, non vai ser o emprego dos que vivimos en Pontevedra".
Os traballadores insisten en que se estude como terceira opción a incorporación dos terreos da fábrica ao Porto de Marín.