Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores da refinería Repsol da Coruña seguirán en folga ata saber a verdade do accidente mortal

Os traballadores da refinería Repsol da Coruña seguirán en folga ata saber a verdade do accidente mortal

Os compañeiros do finado homenaxeárono ás portas do traballo

G24.gal 31/03/2022 16:19

O traballador falecido no accidente laboral do sábado na refinería da Coruña recibiu no tanatorio a derradeira homenaxe dos seus compañeiros.

E no foi nada convencional, con bengalas, bandeiras, bufandas e cánticos habituais en Riazor para despedir a Unai Martínez, de 35 anos, coñecido entre as peñas do Real Club Deportivo.

Na refinería, os traballadores das empresas auxiliares continúan reclamando que se investiguen de maneira pública e exhaustiva as circunstancias do accidente. Os compañeiros do finado continúan en folga, con piquetes que cortaron o tráfico a primeira hora da mañá.

Como declara Alejandro López, traballador das empresas auxiliares da refinería e compañeiro do falecido: "Nós imos seguir coa nosa protesta ata que non se esclareza todo o sucedido e saibamos que pasou de verdade. Porque esto non pode pasar máis, non se pode repetir, non se pode xogar coa vida da xente".

O outro compañeiro ferido no mesmo accidente continúa recuperándose nun centro hospitalario das graves lesións que sufría o sábado pasado no sinistro.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade