Os traballadores do estaleiro vigués Barreras comezan unha semana de folga
Os traballadores do estaleiro vigués Barreras comezan unha semana de folga
O comité de empresa decidiu convocar unha folga durante esta semana para reclamar que só se valoren as ofertas de compra que inclúen a subrogación de todo o cadro de persoal

Comeza hoxe unha xornada de folga no estaleiro vigués de Barreras, xusto cando se está a negociar a súa venda.
O comité de empresa decidiu convocar unha folga durante esta semana para reclamar que só se valoren as ofertas de compra que inclúen a subrogación de todo o cadro de persoal.
Neste momento hai varias propostas enriba da mesa para conseguir o estaleiro, e os traballadores queren que quen quede con Barreras manteña a construción de grandes buques e garanta carga de traballo de construción naval.
A maioría leva tempo nun ERTE á espera de que esclareza cal é o seu futuro laboral. Fisicamente no estaleiro nestes momentos apenas queda unha ducia de profesionais en tarefas de mantemento ou oficinas. Outos trinta están desprazados a Santander para acabar alí o cruceiro Evrima.