As tonalidades suaves marcan tendencia este Nadal
O verde e o vermello dilúense para crear ambientes máis rústicos
As luces que máis se levan son as golden, un dourado suave
En canto ás bólas, canto máis grandes, mellor
Unha mesa, a carón da cheminea, está lista para a cea de Noiteboa. É unha mostra da decoración que se leva este Nadal.
Elisabeth Varias, Paradelo Garden: "Este ano lévase moito o estilo rústico combinando verde e vermello con motivos coma o acivro".
Tamén se levan as bólas, canto máis grandes mellor. "As bólas XXL, para poñer nas árbores. Aínda que quede esaxeradamente grande lévase moito", sinala Elisabeth.
En canto ás luces, mellor pequenas. O ton de moda é o denominado golden, un dourado pero suave. Tamén hai trucos á hora de colocalas na árbore.
"A xente tende a colocalas rodeando, pero é máis importante darlle profundidade, metendo as luces rama a rama, para dentro e para fóra", explica a especialista en decoración.
Iso dentro dos fogares, porque fóra non hai límites para a imaxinación cunha tendencia cada vez máis estendida a iluminar fachadas e xardíns.
Rubén Álvarez, alfarería Alto do Couso: "Hoxe por hoxe pódese pór o que se queira nos xardíns. Están moi en furor os amarelos cálidos, fortes, amarelo ouro, pero hai xente que se vai ao multicor. Hai moita diversidade".
O xeo e o frío tamén son inspiradores para ambientar un branco Nadal.