Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tomates, mellor dentro ou fóra da neveira? Aprender a gardar alimentos para conservalos mellor

Os tomates, mellor dentro ou fóra da neveira? Aprender a gardar alimentos para conservalos mellor

É un erro moi común, pero os tomates consérvanse mellor fóra da neveira. E os plátanos? Tamén mellor fóra porque se poñen negros

A orde no refrixerador non só é cuestión de espazo, porque unha boa organización axuda a convervar mellor os produtos

O frío interrompe a maduración do tomate e fai que abrande
G24.gal 18/03/2026 08:37

Unha das dúbidas máis habituais nas cociñas é se colocamos os produtos axeitadamente na neveira. Ademais da orde correcta para a mellor conservación dos alimentos, preguntámonos cales deben gardarse dentro ou fóra. Como, por exemplo, os tomates ou os plátanos? Metémolos dentro ou non?

"Ese plátano maduro que está aí, eu póñoo na neveira para que non se poña máis maduro aínda. E o tomate si que o poño na neveira, non?", asegura un cliente nunha froitería.

Pois non, así que haberá que aprender. É un erro moi común, pero os tomates consérvanse mellor fóra da neveira. E os plátanos?

Para aprender como gardar as froitas e as verduras preguntamos aos que saben.

"Non, o tomate é unha cousa que debería ir á neveira, porque se non o que fai é que se abranda moito. Entón tanto o tomate, como a cebola, o plátano, aí si que non porque se pon totalmente negro", explica Isolina Morais, da Horta da Lina.

Tampouco se recomenda gardar dentro do refrixerador os allos, pero tampouco as patacas ou as cebolas, mellor fóra nun lugar fresco e seco. 

"Tanto a cebola como o allo. Moita xente si que ten o costume porque pensa que metendo aí lle vai aguantar máis, é un erro porque realmente o que fai é abrandar, entón podrece máis pronto".

E outro produtos como, por exemplo, o aguacate que agora tanto se consome, mellor dentro ou fóra?

"O aguacate tamén mellor que madure fóra, logo unha vez que o abres pois si que tes que pórlle un 'film' e metelo na neveira porque se oxida moi pronto", explica Isolina. 

E para ordenar axeitadamente a neveira, o mellor é colocar de abaixo cara arriba, de máis frío a menos, os alimentos: as froitas e verduras nos caixóns , logo o peixe e a carne e arriba a comida xa feita. No medio os lácteos e na porta as bebidas.

E é que unha boa organización na neveira axuda a conservar mellor os produtos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade