Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amplíase a máis marcas a alerta sanitaria por listeria en salmón noruegués afumado

Amplíase a máis marcas a alerta sanitaria por listeria en salmón noruegués afumado

A Skandia súmanse agora as marcas Gourmet e Carrefour 

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria recomenda non consumilo, e se se fixo e hai síntomas, como vómitos, diarrea ou febre, se acuda canto antes a un centro de saúde 

Dúas das marcas afectadas pola alerta sanitaria Dúas das marcas afectadas pola alerta sanitaria
G24.gal 01/04/2026 17:31

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) ampliou a súa alerta pola presenza de listeria nun lote de salmón noruegués afumado procedente de España ás marcas Gourmet e Carrefour, á parte da de Skandia inicial.

Aesan, informada a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (Scriri) pola comunidade autónoma de Andalucía, advertiu onte da presenza de 'Listeria monocytogenes' en salmón noruegués afumado da marca Skandia.

O número de lote afectado é o 361214, con datas de caducidade do 10 e 13 de abril de 2026, cun peso de 80 gramos por unidade e envasado en blíster de plástico.

A axencia ampliou este mércores a alerta con máis información facilitada por parte de Andalucía, que sinalou que o lote afectado se comercializou con outras marcas e presentacións.

En concreto, o mesmo número de lote 361214, coas mesmas datas de caducidade do 10 e o 13 de abril de 2026 e coa mesma presentación, vendeuse baixo a marca Gourmet.

Tamén se comercializou co mesmo número de lote e unha presentación en blíster de dúas unidades de 180 gramos con data de caducidade do 9 de abril de 2026 da marca Carrefour.

Recomendan que non se consuma e que se extremen as medidas de hixiene 

A Aesan recomendou ás persoas que teñan no seu domicilio produtos afectados por esta alerta que se absteñan de consumilo e, no caso de facelo e presentar sintomatoloxía compatible con listerioris como vómitos, diarrea ou febre, que acudan a un centro de saúde.

Así mesmo, lembrou a importancia de "extremar" as medidas de hixiene para evitar a contaminación cruzada con outros produtos.

A listeriosis é unha enfermidade de transmisión alimentaria causada pola bacteria "Listeria monocytogenes".

A principal vía de transmisión ao ser humano é o consumo de alimentos contaminados, especialmente os que están listos para consumo refrixerados cunha vida útil relativamente longa, como os produtos da pesca afumados, cárnicos tratados por calor e os queixos de pasta branda. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade