O PP, convencido de que "España quere cambio" tras os resultados en Andalucía
As executivas dos partidos analizan os resultados das eleccións en Andalucía
O PP séntese reforzado tras os comicios mentres o PSOE evita a autocrítica
Juanma Moreno aposta por un Goberno en solitario en Andalucía
Este luns, as executivas dos partidos dedicáronse a analizar os resultados das eleccións autonómicas de Andalucía.Na sede do PP, o seu líder, Alberto Núñez Feijóo, amosouse convencido de que "España quere cambio e o cambio está máis preto".
A euforia en Génova contrastaba coas caras longas en Ferraz. "Non é o resultado que agardaba o PSOE", admitiu en conferencia de prensa a súa voceira, Montse Mínguez.
Pero aínda así, os socialistas fan pouca autocrítica e insisten na súa estratexia de presentar ministros ás autonómicas. "Se non houbera ministros, plantexarían a pregunta contraria: por que tendo ministros non os lavan ós territorios", respondía Mínguez aos xornalistas.
Pero no PP téñeno claro. Para Alberto Núñez Feijóo, "a condición de ministro de Sánchez non é un reclamo electoral, é unha lousa, porque a lousa é Pedro Sánchez".
En Vox tamén sacan peito dos resultados. O seu secretario xeral, Ignacio Garriga, cre que chegarán "fortalecidos á batalla final", ás eleccións xerais.
Na esquerda, Adelante Andalucía tamén cre que obterá representación no Congreso dos Deputados tras multiplicar por catro os seus escanos no parlamento andaluz.
En Podemos, admiten a derrota, pero non tiran a toalla. Para o seu voceiro, Pablo Fernández, "é necesaria unha esquerda estatal forte, autónoma do PSOE", pero non aclara se repetirán a coalición con Izquierda Unida e Sumar.