Cargando resultados...
Os termómetros volven superar os 30 graos na provincia de Ourense
Volve o sol e a calor, sobre todo ao val do Sil, á comarca de Valdeorras e á conca do Miño
G24.gal
10/09/2022 19:07
Volve a calor esta fin de semana, con tempo de verán practicamente en toda Galicia, pero a suba das temperaturas nótase especialmente na provincia de Ourense.
Despois do verán máis caloroso desde que hai rexistros, os termómetros alcanzaron este sábado os 35 graos. O tempo, anormalmente cálido e sen chuvia, agrava a situación de seca.
O vento do sur e o aire cálido van deixar esta fin de semana temperaturas por riba dos 30 graos, sobre todo, no val do Sil, na comarca de Valdeorras e na conca do Miño.