Os temporais danan o peirao da Congorza e o acceso á praia do Medio, en Cangas
Dependen da Autoridade Portuaria de Vigo e de Costas do Estado
Os temporais das pasadas festas estragaron tamén o centenario peirao da Congorza en Cangas. A infraestrutura xa se tivo que arranxar outros anos por outro temporal. Mesmo se lle colocou unha placa para o embelecer. É precisamente esa placa o máis danado. Esta parte do litoral cangués é competencia da Autoridade Portuaria de Vigo e apenas se usa para embarcacións.
Hai algúns anos usábano tamén as dornas polbeiras, toda a zona tivo o seu momento de esplendor hai medio século.
O temporal tamén danou os accesos á veciña praia do Medio, aí as competencias son da Demarcación de Costas do Estado. O arranxo sería moi pouco custoso pero o concello non ten permiso para o facer. Fontes municipais apuntaban esta mañá que se ven atados de pés e mans en casos coma estes.