Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sindicatos policiais negan que houbese brutalidade no arresto do home que morreu na Coruña

Sindicatos policiais negan que houbese brutalidade no arresto do home que morreu na Coruña

​​​​Aseguran que a actuación dos axentes foi exemplar e anuncian accións legais contra a Sociedade Xitana Española polas acusacións tras o falecemento do home

G24.gal 19/12/2025 14:13

"O único que pedimos é que se faga xustiza. Isto non foi unha morte natural. Eles matárono". "No momento en que unha persoa non se está remexendo e está queda, non vexo a necesidade de seguir mallando nel, sen respirar, e con ese asañamento".

Son as declaracións recollidas este xoves polo Galicia Noticias de dúas familiares do home de 35 anos que faleceu na súa vivenda do barrio dos Castros durante unha intervención policial. Unhas acusacións que os sindicatos Jupol e SUP negan.

"Cremos que foi unha actuación exemplar", di José Luis Danta, secretario do Jupol da Coruña. 

"Consideramos que a intervención foi impecable. Foi todo moi profesional e totalmente axustado a dereito", engade Marcos Franco, Secretario xeral do SUP da Coruña.

Así as cousas, anuncian accións legais.

"As acusacións graves de delito de asasinato que fixo algunha asociación e algún particular non as podemos consentir. Xa mandamos un burofax a través do noso gabinete xurídico á asociación que mandou ese comunicado esixindo a rectificación inmediata do mesmo. E senón iniciaremos as accións legais, penais que o noso gabinete xurídico considere oportunas", explica Marcos Franco.

Polo momento, todos seguen á espera da autopsia, que será a que esclareza as causas do falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade