Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os parques eólicos mariños preocupan ao sector pesqueiro galego

Os parques eólicos mariños preocupan ao sector pesqueiro galego

 A Plataforma en Defensa da Pesca reuniu no Milladoiro mariñeiros de distintas comunidades e representantes das Administracións

Debaten sobre a necesidade de ordenación dos espazos mariños e de protexer a actividade marítima pesqueira

G24.gal 10/12/2022 15:08 Última actualización 10/12/2022 18:26

Os proxectos para a construción en Galicia de parques eólicos mariños que nestes momentos ten sobre a mesa o Ministerio para a Transición Ecolóxica preocupan no sector do mar.

"Saber que neste momento xa hai sete proxectos encima da mesa e que non hai ninguén dende as Administracións que lles diga, señores aquí non todo o prado é ourego.
Os espazos mariños estanse ordenando sen ter para nada en conta a pesca nin os ecosistemas mariños e iso é un atentado ecolóxico, económico e social", afirma Torcuato Teixeira, da Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños.

Pídenlle ao Goberno central que se reúna co sector e reclámanlle que antes de tomar decisións teña conta toda a información biolóxica do estado dos recursos da que dispón o Instituto Oceanográfico Español.

"Temos unha preocupación grande, parece que veñen a arrasar todo", di Basilio Otero, da Federación Nacional de Confrarías.

"Isto estase desbordando, vemos que hai moitísima presión e facemos estas xornadas para pór en común as distintas comunidades", apunta Xosé Antonio Pérez, presidente da Federación Galega de Confrarías.

Nas xornadas, o director xeral de Pesca, Antonio Basanta, avogou por salvagardar os intereses pesqueiros.

"Galicia sempre puxo por riba de todo que ten que haber un respecto á actividade maritimo-pesqueira e sobre todo aos ecosistemas mariños. Eu creo que esas son dúas circunstancias básicas, e aplicar aquí modelos doutras zonas mariñas é tan difícil como aplicar un modelo produtivo alemán ao noso agro, a nosa horta ou o noso mar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade