Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta permitirá repotenciar 20 parques eólicos para eliminar 625 aeroxeradores

A Xunta permitirá repotenciar 20 parques eólicos para eliminar 625 aeroxeradores

A medida, dixo a conselleira de Medio Ambiente, supoñerá un aumento da produción de enerxía renovable nun 35 %

O parque das Somozas contará unicamente con nove aeroxeradores, fronte aos 81 que tiña.
G24.gal 19/05/2026 16:27

A Xunta de Galicia tramitará a repotenciación dunha vintena de parques eólicos, coa conseguinte eliminación de 626 aeroxeradores e o aumento da súa produción de enerxía renovable nun 35%.

Así o sinalou a conselleira de Medio Ambiente durante unha visita a unha das instalacións enmarcadas neste plan, no municipio das Somozas, un complexo xestionado por Naturgy e de preto de tres décadas de antigüidade, no cal xa comezaron as obras correspondentes.

A representante autonómica destacou que o Goberno galego autorizou nos dous últimos anos ata oito proxectos deste tipo, alén de recibir outras nove solicitudes, inmersas no proceso de avaliación ambiental. Vázquez considerou que estes plans redundarán nun aumento da produción e na redución das emisións de dióxido de carbono próxima ás 800.000 toneladas en total.

No caso das instalacións das Somozas, avanzou que o parque eólico contará unicamente con nove aeroxeradores, fronte aos 81 dos que dispoñía con anterioridade, unha infraestrutura sobre a que dixo que permitirá "xerar enerxía suficiente para abastecer un número de fogares equivalente á cidade de Ourense". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade