Os segredos para amansar bois de traballo
Mario Nogueira rexenta en Petín a maior explotación deste tipo de animais
Comezou hai máis de dúas décadas, en homenaxe ao seu pai, e o seu saber facer converteuno en todo un referente a nivel internacional
Os seus bois xa participaron en varias rodaxes cinematográficas
Dous bois da raza Ramo Grande, das Azores, son a última incorporación de Mario a súa explotación.
Neste intre conta con 16 exemplares de cinco razas autóctonas distintas.
Animais amansados para ser xunguidos e participar en labores agrícolas, festas, romarías ou mesmo rodaxes. A última gravación foi na Praza do Obradoiro para unha serie sobre Romasanta.
Gañarse o respeto e a súa confianza, di Mario Nogueira, é a base para domar a un boi.
Foi tras un incendio na aldea do seu pai, hai máis de dúas décadas, cando decidiu recuperar as raíces e comezar a amansar estes animais como se facía tradicionalmente no rural galego.
Os seus primeiros bois de traballo tiveron como destino o País Vasco onde aínda se empregan para un deporte relacionado co arrastre de pedra. Seguiulle a aparición en romarías ou festa históricas e de aí o salto á pantalla. A sona do seu traballo levouno, ademais, a participar en relatorios a nivel internacionais.