Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os romanos do campamento Aquis Querquennis celebran o 50 aniversario das primeiras escavacións

Os romanos do campamento Aquis Querquennis celebran o 50 aniversario das primeiras escavacións

O asentamento está situado na parroquia de Baños de Bande, nas beiras do río Limia, no encoro das Cunchas

O campamento estivo ocupado durante o último cuarto do século I ata os anos 20 do II. A mansión-viaria era unha hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II e III

Aquis Querquennis, coñecido coloquialmente como A Cidade, instalouse para a construción da Vía XVIII ou Vía Nova, a calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta

G24.gal 07/09/2025 12:03

Cúmprense cincuenta anos das primeiras escavacións do campamento romano Aquis Querquennis. Alí, ás beiras do río Limia, as lexións romanas deixaron unha pegada aínda visible séculos despois. Cada ano unha coidada recreación histórica ocúpase de achegarlle ao público o que era a vida cotiá dos soldados e a sociedade que os rodeaba.

A recreación fíxose este sábado en Aquis Querquennis, coñecido coloquialmente como A Cidade;  un complexo arqueolóxico formado por un campamento romano e unha mansión-viaria. O complexo totalmente visible no verán, queda parcialmente cuberto polas augas do Limia durante o inverno.

A Cidade está situada na parroquia de Baños de Bande, nas beiras do río Limia, no encoro das Cunchas. Este campamento contruírono os romanos para establecer as lexións para a posterior construción da Vía XVIII ou Vía Nova; a calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta.

O campamento estivo ocupado durante o último cuarto do século I ata os anos 20 do II. A mansión-viaria era unha hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II e III.

No mes de setembro do ano 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural. Actualmente nas inmediacións está o centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, que alberga un museo e varias salas explicativas do complexo arqueolóxico.

Descubrimento e excavacións do campamento

 

O campamento, que ocupaba unha extensión de 2,5 hectáreas, estaba rodeado por unha muralla con forma rectangular e esquinas redondeadas.

As primeiras prospeccións realizounas Florentino López Cuevillas na década de 1920, despois de visitar o recinto o 5 de xuño de 1921 con Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e o avogado de Bande Farruco Pena.

Coa construcción do encoara das Cunchas, de Fenosa, quedou asolagado en 1949. Posteriormente, en 1975, Fenosa autorizou as escavacións, baixo a dirección de Antonio Rodríguez Colmenero. Durante case vinte anos, centrándose especialmente no cuadrante noroeste. Actualmente continúan baixo a direción de Santiago Ferrer Sierra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade