Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os restaurantes de Lalín, desbordados co incremento da demanda do cocido

Os restaurantes de Lalín, desbordados co incremento da demanda do cocido

Os turistas demandan o cocido incluso nos meses de verán

G24.gal 02/11/2021 16:20

"Nós fixemos cocido durante todo xullo e todo agosto, cando nunca na nosa vida pasara iso. Aquí había días que entre de Mallorca, de Valencia, de Murcia, foi unha burrada, vamos", explica o hostaleiro Alberto Currás.

Foi o primeiro verán en que os turistas demandaron cocido coma se non houbese un mañá. E seguen na mesma tónica. Na penúltima ponte festiva do ano, centos de persoas elixiron Lalín para comer un cocido. Os restaurantes non daban abasto.

"Pois aquí demos algún máis de 200 cocidos e si tiveramos sitio houberamos dado 600 non, porque houbo días, sobre o todo o luns  que o teléfono ardía", comenta o hostaleiro​ Diego López.

E tiveron que dicir que non a centos de persoas. "200 persoas onte, e claro, a xente ao final dicimos nós que non e di todo o mundo que non, e iso é porque estamos todos completos", continúa Diego.

"Todos os días máis ou menos estase enchendo, sexa luns, sexa xoves, sexa mércores da igual", apunta ​o hostaleiro Alberto Currás. 

E aínda queda por chegar a temporada forte que sempre é entre os meses de xaneiro a marzo. En Lalín case unha trintena de restaurantes elaboran cocido a diario, algúns mesmo como prato exclusivo.

"Aos mediodías so facemos cocido de Lalín porque é a demanda que temos da xente que vén aquí, o que queren é cocido non nos paga a pena facer outra cousa", fala Alberto.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade