Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Reis visitan canda as fillas un centro de refuxiados ucraínos en Madrid

Os Reis visitan canda as fillas un centro de refuxiados ucraínos en Madrid

Os reis estiveron dúas horas no centro e falaron con decenas de desprazados polo conflito bélico

A princesa Leonor reaparece seis meses despois nun acto público

España acolleu ata o de agora uns 80.000 refuxiados ucraínos

G24.gal 16/04/2022 21:11

Os reis Filipe VI e Letizia visitaban esta tarde un dos catros centros de recepción, acollida e derivación de refuxiados ucraínos en España. O de Pozuelo de Alarcón, na comunidade madrileña, é o primeiro que se abriu e despois habilitáronse outros tres en Barcelona, Málaga e Alacante, todos dependentes do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Os monarcas, acompañados polas súas fillas, falaron con algúns refuxiados e tiveron a ocasión de coñecer con detalle o dispositivo de recepción dos ucraínos que foxen da guerra. Estímase que España acolleu ata o de agora uns 80.000 refuxiados, a metade dos cales xa lograron o estatus de protección temporal, como informaba recentemente o embaixador de Ucraína en España. Falando en clave estatística, o 37% dos atendidos nestes centros son menores e o 67% dos adultos son mulleres.

Os Reis xa visitaran previamente a célula de crise da Cruz Vermella que se ocupa destes desprazados. Nesta ocasión, a novidade estivo na presenza da princesa Leonor, aproveitando as vacacións da Semana Santa no centro onde cursa o bacharelato en Gales. A princesa de Asturias non participaba nun acto oficial desde o 23 de outubro.

Finalmente, as súas maxestades deixaron constancia do compromiso cos refuxiados e da súa preocupación polo conflito ucraíno.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade