Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Reis Magos percorren as aldeas do rural galego

Os Reis Magos percorren as aldeas do rural galego

As súas maxestades de Oriente visitaron os nenos e as nenas do concello ourensán de Ramirás e tamén os maiores da residencia

Moi emocionados recibíronnos con música e entregáronlles as cartas coas súas peticións

G24.gal 05/01/2024 21:01 Última actualización 05/01/2024 21:28

Pero non só visitaron as vilas e as cidades galegas. Os reis de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar, tamén estiveron nas aldeas do rural por toda Galicia

Facendo ruído... e en coches así chegaron os Reis Magos ao concello ourensán de Ramirás.

Acompañados dos paxes e ao son da música os nenos e as nenas e toda a veciñanza recíbenos cheos de ilusión e entréganlles as súas cartas cos seus desexos.

Os máis pequenos e tamén os maiores do rural gozan dunha xornada chea de maxia e emoción.

No centro social do Picouto toda a cativada puido ter un momentiño especial coas maxestades de Oriente antes de seguiren o seu camiño.

Os Reis Magos teñen unha xornada de moito traballo porque non queren deixar ningún recuncho de Galicia sen visitar. Estiveron recollendo as cartas coas peticións dos nenos e as nenas de Ramirás, pero tamén estiveron visitando outras aldeas do rural da provincia de Ourense como por exemplo nos concellos de Oímbra, Cualedro ou Boborás. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade