Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os radares disuasorios conseguen que se reduza a velocidade

Os radares disuasorios conseguen que se reduza a velocidade

Este tipo de dispositivos non multan por exceso de velocidade

G24.gal 21/01/2022 17:28

O radar informativo instalado en Xoán XXIII, en Santiago de Compostela, e o do Cruceiro do Sar son a aposta da Concellaría de Mobilidade para informar e agradecer aos cidadáns o cumprimento da velocidade na que se circula nesas vías.

Segundo informes policiais están conseguindo que os condutores levantemos o pé do acelerador. Máis do 88 % dos vehículos circulan a menos de 40 quilómetros hora, aínda sabendo que non están a multar.

Que un radar en vez de multar dea as grazas por cumprir as normas non é o habitual. Máis ben, cumprimos levantando o pé do acelerador, cando sabemos que aí pode haber unha sanción económica.

Pois todo o contrario está a suceder en Compostela nas rúas de Xoán XXIII e o Cruceiro de Sar, onde o Concello instalou radares pedagóxicos para o control da velocidade dos vehículos.

No informe policial sobre o estudo de se conciencian estes radares non sancionadores, dende o pasado mes de novembro ata hai poucos días, revela que o 97 % dos vehículos pasaron por estes dous puntos a menos de 50 por hora.

O Concello compostelán apostou por estes dispositivos, que xa estiveron instalados noutras zonas e rúas da cidade. Pero non esquezamos que hai outros que si multan e moito. Cada vez estase reducindo máis a velocidade polo centro das cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade