Cargando resultados...
Os produtos do mar serán os que máis suban de prezo nos próximos días
As vendedoras das prazas de abastos aseguran que as vendas son menores ca outros anos
G24.gal
07/12/2021 14:25
As prazas de abastos estaban esta mañá a rebordar de peixe e de marisco, aínda que non tanto de xente.
As vendedoras aseguran que os prezos non son moi elevados para esta época do ano, pero avisan de que isto ten as horas contadas.
Á espera de como evolucionen os prezos, do que si teñen xa certeza é da diminución considerable das vendas.
Pero a pesar do anunciado temporal e da inminente chegada do Nadal, as vendedoras reiteran que, coma sempre, hai para todos os petos.