Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os prezos dos combustibles non atopan acougo e continúan disparados

Os prezos dos combustibles non atopan acougo e continúan disparados

Esta semana a gasolina baixou dous céntimos pero o litro de diésel encareceuse cinco

O prezo medio en Galicia é de 1,54 euros/litro a gasolina e 1,88 o gasóleo, segundo a ubicación

G24.gal 12/04/2026 14:34 Última actualización 12/04/2026 15:24

Os prezos do combustible seguen sen dar descanso aos petos dos condutores e o prezo medio segue alto con respecto aos custos de antes de que comezara o conflito en Oriente Próximo.

Segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, en Galicia o prezo medio da gasolina é dun 1,54 euros o litro e bastante máis para o gasóleo, que está a 1,88 euros o litro, coas axudas do Goberno incluidas.

Nesta última semana a gasolina abaratouse dous céntimos pero o gasóleo, encareceuse cinco centimos. 

"Teño algúns camións e maquinaria e supón un incremento a final de mes. Se viña gastando en camións de combustible  uns seis mil euros, este mes viñeron case nove mil", comenta un condutor.

Os prezos recollidos dependen por suposto da estación de servizo e da súa situación, xa que hai variacións significativas. As estacións de servizo coa gasolina máis barata aparecen na cidade da Coruña, mentres que o gasóleo a menos prezo aparece nunha gasolineira de Vilagarcía de Arousa.

Con todo, os usuarios empregan todos os descontos a súa disposición para tentar aforrar na factura. 

"A fin de semana algunhas gasolineiras dan, enchendo o depósito, un desconto para a repostaxe", relata un usuario.

Aínda que outros mesmo planifican as rutas.

"Ás veces mírase de ir aos sitios, de facer mellor a ruta para aproveitar un pouco. Agora xestionas un pouco máis a hora de moverse".

Os usuarios temen que os prezos sigan a subir se o conflicto continúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade