Cargando resultados...
Os precociñados poden aumentar nun 30 % as calorías dos menús de Nadal
Os nutricionistas recomendan optar pola cociña caseira
G24.gal
16/12/2021 20:48
Co Nadal petando na porta, cómpre ir configurando como se vai celebrar na mesa.
Algún extra está permitido se a nosa rutina de alimentación equilibrada e exercicio físico non se altera máis alá das datas sinaladas. E nas ocasións especiais, a recomendación é reducir as calorías dos menús tradicionais e desbotar os procesados.
Segundo a Sociedade Española de Dietética, os pratos precociñados achegan máis graxas, azucres e un 30 % máis das calorías recomendadas aos menús de Nadal.