Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Polos Creativos chegarán a todos os centros educativos galegos o curso que vén

Os Polos Creativos chegarán a todos os centros educativos galegos o curso que vén

Repartirase equipamento tecnolóxico en 1.200 colexios e institutos do país

O obxectivo é fomentar a creatividade e as competencias dixitais do alumnado

G24.gal 02/06/2023 14:46

O castelo de Maceda, reciclado e robotizado, ou a viaxe virtual dos nenos da Pobra son unha boa mostra do que dan de si os Polos Creativos. Un espazo na escola para experimentar con robots, impresoras 3d, ou máquinas coas que imaxinar e crear. Desde roupa a casas en que se aforra enerxía.

Os primeiros polos instaláronse este curso en 225 centros. Os mellores eran premiados hoxe no Gaiás, acompañados dun anuncio: "Decidimos amplialos a todos os centros públicos e concertados de Galicia, 1200 centros aproximadamente que van poder desenvolver os seus polos creativos", explica o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

Educación destinará 18 millóns de euros nesta acción, que fará chegar aos centros equipamento informático, robótico ou audiovisual para que a rapazada experimente e aprenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade