Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os pisos de alugueiro na illa da Toxa, de novo entre os máis caros da costa española

Os pisos de alugueiro na illa da Toxa, de novo entre os máis caros da costa española

 En Burela ou Ribadeo están, este verán, as casas de alugueiro turístico máis baratas de Galicia

G24.gal 24/06/2022 14:51

Alugar un piso de vacacións este verán en España custa, de media, uns noventa euros máis do que custaba o verán  pasado. Entre as casas máis caras de toda España para pasar as vacacións están as da provincia de Pontevedra.

Na illa da Toxa, pasar unha semana de vacacións, sete días, en xullo ou en agosto nunha vivenda turística de alugueiro pode custar, estase pagando xa, de media, uns 2.800 euros. Son mil euros máis do que se pagou aquí polo mesmo hai tres anos.

Algo máis económico é o mesmo, pasar as vacacións nunha vivenda turística de alugueiro en Sanxenxo, 2.100 euros.

Segundo a consultora que compara prezos de alugueiros turísticos en pisos de zonas costeiras de toda España, Tecnitasa, pasar as vacacións nun piso turístico de alugueiro aquí na illa da Toxa, de novo volve ser un dos sitios costeiros máis caros de España.

Custa máis que veranear nun piso turístico, por exemplo, nalgúns lugares de Eivisa ou Marbella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade