Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os peregrinos que fan o Camiño nesta época de inverno prefiren o frío antes que a calor do verán

Os peregrinos que fan o Camiño nesta época de inverno prefiren o frío antes que a calor do verán

G24.gal 08/02/2025 14:42

Soraya é unha peregrina de Soria que desafía o frío porque, xunto coa súa amiga Carmen, ten uns días libres que vai dedicar a facer o Camiño. Conta que é moito peor a chuvia porque enchoupa a roupa e fai máis complicado camiñar. 

Son as primeiras peregrinas que atopamos no treito que vai de Triacastela a Sarria. O Camiño non está moi concorrido e non é polo frío. Un peregrino italiano comenta que vai algo de frío, pero que se leva ben. De feito, el vai en pantalóns curtos. A propietaria dun albergue de Sarria asegura que nesta temporada continúa recibindo moitos peregrinos, aínda que non na mesma cantidade que no verán.

 O inverno, ademais, garante que non hai masificación nos albergues.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade