Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os percebeiros, dispostos a dialogar cos bateeiros sobre o conflito da zonas de cría da mexilla

Os percebeiros, dispostos a dialogar cos bateeiros sobre o conflito da zonas de cría da mexilla

A Xunta di que hai solucións de consenso entre os dous sectores e mediará entre eles

G24.gal 08/02/2022 20:17

Os percebeiros están dispostos a retomar as mesas de traballo cos produtores de mexillón coa mediación da Xunta para resolver o conflito aberto polas zonas de explotación da mexilla.

Ábrense a rebaixar o 17% do territorio que teñen reservado para o percebe ou a marcar zonas de explotación primordiais para os bateeiros con tal de garantir unha convivencia pacífica entre os dous sectores.

José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías, di: "Imos seguir chamándoos a que dialoguen con nós porque estamos destinados a traballar nas mesmas pedras e nas mesmas zonas. E son dous recursos moi importantes para toda Galicia. Queremos que haxa paz, non hai por que formar unha guerra que non existe. Sempre traballamos e sempre convivimos"

A Xunta ten aberto o diálogo coas dúas partes desde 2020. O obxectivo é garantir unha explotación sostible tanto da mexilla coma do percebe e evitar o choque de intereses.

 "Os bateeiros necesitan a mexilla para as súas bateas pero tamén entendemos que os percebeiros necesitan que a explotación deste recurso se faga da mellor maneira. E hai fórmulas para chegar a un entendemento para que ambas partes poidan facer a súa explotación cada vez máis sustentable", asegura a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

A Consellería do Mar traballa nunha lexislación de consenso que actualice a norma vixente desde 2000 e que regule no futuro a extracción da mexilla en bancos naturais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade